domingo. 08.12.2019 |
El tiempo
domingo. 08.12.2019
El tiempo

Detido na Coruña un home denunciado por acosar a menores

A Policía Local leva recibindo denuncias sobre o home desde novembro  Este venres foi sorprendido 'in fraganti'

A Policía Local detivo a un presunto acosador de menores na Coruña, segundo informaron a Europa Press fontes municipais e da Policía Nacional.

A detención produciuse sobre as 14.40 horas na rúa Cuevas, na zona de Monte Alto, e estivo a cargo dun axente municipal que se atopaba pola zona, precisou un portavoz da Xefatura Superior de Policía en Galicia.

En concreto, a detención produciuse despois de que o home, de 36 anos, fose sorprendido tras intentar realizar tocamentos a unha menor nun portal, que foi a que deu a alerta.

A investigación para a súa localización empezou en decembro despois de que se presentasen varias unha ducia de denuncias por tocamentos a menores por parte dun home na zona de Monte Alto e na rúa Juan Flórez. O home adoitaba abordar ás súas vítimas propóndolles facer con el unha sesión fotográfica.

Detido na Coruña un home denunciado por acosar a menores