Detido en Vigo un xardineiro por roubar máis de 20.000 euros na vivenda na que traballaba

Os propietarios escondían o diñeiro en macetas
Coches da Policía Nacional. DP
photo_camera Coches da Policía Nacional. DP

A Policía Nacional ha detido en Vigo a un home de 61 anos de idade, de nacionalidade española e con domicilio na cidade olívica, por un delito de furto tras roubar 20.200 euros na vivenda na que traballaba como xardineiro. 

Así, os axentes tiveron constancia dos feitos a través da chamada dunha muller, que alertou de que un traballador que tiña na súa casa acabáballe de roubar uns aforros que ela tiña escondidos nunhas macetas do xardín

Unha vez a Policía chegou á casa, a vítima manifestou que vivía de aluguer e que contratara un xardineiro para a limpeza da leira e para evitar que esta persoa descubrise uns aforros que tiña gardados nun bote dentro dunha maceta, indicoulle que non as tocase, xa que eran plantas propias do propietario da vivenda. 

Ao detido constábanlle varios antecedentes anteriores

"Nese instante o traballador comezou a realizar a súa tarefa, polo que esta muller meteuse dentro de casa para finalizar unhas actividades que tiña pendentes. Momentos máis tarde saíu á leira para ver como ía o traballo e decatouse que as macetas estaban movidas, polo que se achegou a estas, descubrindo que entre as bolsas do operario había un bote metálico que se correspondía co que ela utilizaba para gardar os seus aforros", explicou nun comunicado a Policía Nacional.

DETENCIÓN. Nese instante, ela mesma dirixiuse ao xardineiro e preguntoulle polo contido do bote, "non achegándolle este ningunha explicación coherente", polo que decidiu chamar á Policía. 
Os axentes interrogaron ao traballador e como non lles achegou xustificación algunha se lle realizou un cacheo preventivo de seguridade, no que lle localizaron 101 billetes de 200 euros. Tras deter ao home, procedeuse a comprobar que a orixe do diñeiro era lícito e que proviña dunha repartición familiar, polo que se lle fixo entrega do mesmo á vítima. 

Xa en Comisaría realizouse unha consulta das bases de datos, comprobándose que ao detido constábanlle varios antecedentes anteriores.