Tres detidos por estafar 10,7 millóns de euros a empresas estranxeiras

A operación bautizada 'Lavanco' comezou en 2016 no municipio lucense de Sarria 
Foto de arquivo dun membro da Garda Civil. EP
Foto de arquivo dun membro da Garda Civil. EP

Tres persoas foron detidas e unha cuarta atópase baixo investigación por unha presunta estafa de 10,7 millóns de euros a unha ducia de empresas estranxeiras mediante diversas fraudes informáticas, informou a Garda Civil.

A operación bautizada 'Lavanco' comezou en 2016 no municipio lucense de Sarria e, desde entón, foi dirixida pola Comandancia da Garda Civil de Lugo, coa colaboración de Europol, a alemá BKA, a estadounidense FBI e Interpol.

O método utilizado pola banda é a denominada “fraude ao CEO” ou “estafa BEC -Business Email Compromise-”, explican fontes da Garda Civil, de modo que suplantaban a identidade de directivos das empresas afectadas para controlar as súas contas de correo electrónico.

Posteriormente, solicitaban transferencias aos bancos cos que esas empresas adoitan traballar e o diñeiro acababa repartido en diferentes contas da organización.

Para evitar a súa detección os estafadores facía circular o diñeiro dunha conta a outra e blanqueaba os seus beneficios de forma directa mediante a venda de inmobles

Entre as empresas vítimas deses ciberdelitos hai sociedades con sede en Bélxica, Venezuela, Bulgaria, Noruega, Estados Unidos, Alemaña, Luxemburgo, Portugal, Chile ou o Reino Unido.

Para dar maior credibilidade ao engano, os ciberestafadores achegaban aos correos enviados facturas prol-forma nas que figuraban o membrete das empresas emisoras.

Os detidos, residentes en Sevilla, Cuenca, Tarragona e Albacete, de idades comprendidas entre 34 e 67 anos de idade, foron postos a disposición xudicial por suposta pertenza a organización criminal, estafa continuada, branqueo de capitais, descubrimento e revelación de segredos, falsidade documental e usurpación de estado civil.

Para blanquear o diñeiro, a organización creara un complexo armazón financeiro e empresarial ata o punto de que os investigadores chegaron a identificar un total de 83 sociedades e 185 contas bancarias relacionadas con esta estafa.

Para evitar a súa detección os estafadores facía circular o diñeiro dunha conta a outra e blanqueaba os seus beneficios de forma directa mediante a venda de inmobles.

Ata o momento, a Garda Civil puido recuperar case 1,3 millóns de euros repartidos en 16 contas da banda, que xa foron bloqueadas.