martes. 26.05.2020 |
El tiempo
martes. 26.05.2020
El tiempo

Dimite o alcalde de Catoira e suspéndese o pleno da moción de censura

O exalcalde de Catoira, Xoán Castaño (BNG). FACEBOOK
O exalcalde de Catoira, Xoán Castaño (BNG). FACEBOOK
Toma a decisión para non ser obstáculo na posible formación dun goberno entre PSdeG e BNG

O ata hoxe alcalde de Catoria, Xoán Castaño (BNG), dimitiu este xoves para non ser obstáculo na posible formación dun goberno entre PSdeG e BNG. 

Estaba previsto que o Concello de Catoira debatese este xoves nun pleno a moción de censura impulsada por PSOE e PP contra Castaño (BNG), prevista inicialmente para o 17 de marzo, e que se aprazou pola declaración do estado de alarma polo coronavirus. 

Con todo, dous concelleiros do PSOE retiraron o seu apoio á moción e como non se cumprían os requisitos para o seu debate non se celebrou o pleno, xa que Iván Caamaño (PP) e Alberto García (PSOE), asinantes da moción, non acudiron e só había 5 edís no pleno.

O acordo entre PP e PSOE no municipio foi desautorizado pola dirección provincial do PP de Pontevedra, mentres que a do PSDEG anunciou a apertura dun expediente ao grupo municipal.

Dimite o alcalde de Catoira e suspéndese o pleno da moción de censura
Comentarios