miércoles. 23.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 23.06.2021
El tiempo

Dúas persoas feridas, unha delas embarazada, nunha colisión entre dous coches na Estrada

Ambulancia do 061. ARQUIVO
Ambulancia do 061. ARQUIVO
Unha saída de vía que tivo lugar en Vigo saldouse con tres persoas feridas

Dúas persoas, unha delas embarazada, resultaron feridas na tarde deste luns nunha colisión na que se viron implicados dous turismos na Estrada. Os feitos ocorreron no lugar de Ponteliñares, na parroquia de Callobre, uns minutos antes das 19.48 horas.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do sinistro. Acto seguido, os axentes do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos Bombeiros do Deza.

VIGO. Por outra banda, unha saída de vía que tivo lugar en Vigo a pasada noite saldouse con tres persoas feridas. O sinistro produciuse na rúa Xulián Estévez, á altura do número 5, ao fío das 21.45 horas.

Nese momento, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaba do accidente ao 112 Galicia e, decontado os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso á Policía Local, aos Bombeiros de Vigo e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade.

Dúas persoas feridas, unha delas embarazada, nunha colisión entre...