Emocionado regreso de Xosé Manuel Piñeiro á TVG

O presentador, que deixou os platós hai dez meses por padecer un miloma múltiple, reaparece en 'Luar' para cantar e falar dos seus proxectos e a súa saúde
Xosé Manuel Piñeiro, no seu regreso a Luar. TVG
photo_camera Xosé Manuel Piñeiro, no seu regreso a Luar. TVG

O presentador da Televisión de Galicia Xosé Manuel Piñeiro, Superpiñeiro, visitou na noite do venres o programa Luar, dez meses despois de anunciar que faría unha parada no traballo por padecer un mieloma múltiple. Foi unha reaparición agardada e moi emocionada, tanto para o presentador como para o público de Luar e o seu presentador, Xosé Ramón Gayoso.

Piñeiro, que cantou un popurri de Juan Pardo co que puxo en pé o público e Quen dixo medo, asegurou que se encontra "estupendamente" e avanzou que volverá pronto á radio e á televisión. Neste adianto do regreso, sumouse á celebración Boris Izaguirre, que trasladou o seu cariño a Piñeiro vía telefónica.

Comentarios