Unha empresa de ferrolterra traballa nun sistema de desinfección para o acceso a lugares públicos.
Trátase duns túneles deseñados a partir de colectores marítimos para que as persoas pasen a través deles. Ao principio do proxecto tomaríaselles a temperatura, co fin de dar a voz de alarma en caso de rexistrar febre.
Respecto do que se refire a desinfección, á chegada o usuario someteríase a un lavado de mans para logo atravesar uns arcos que desprenderían unha mestura de auga con ozono.
O proxecto podía estar a funcionar en cuestión de días. Polo momento está á espera de recibir do visto e prace do Ministerio de Sanidade.