
Espina & Delfín pechou ao público desde este venres as súas 45 oficinas dos servizos municipais de augas en Galicia e reforzou a atención telefónica e telemática. Só prestará atención presencial en circunstancias excepcionais.
A empresa adopta esta decisión "en coherencia coas medidas tomadas polas distintas administracións para combater a expansión da enfermidade provocada polo covid-19 e en coordinación coas autoridades municipais", sinala nun comunicado. As actuacións "evolucionarán en función da situación".
Os usuarios poden contactar cos servizos de augas chamando ao número 900 815 015 ou a través dos teléfonos e correos electrónicos correspondentes en cada concello.
Espina & Delfín deseña, constrúe e xestiona infraestruturas e servizos de abastecemento de auga e saneamento.