O estudo do Sergas sitúa a Ourense como provincia con maior prevalencia

Sanidade estima que "30.000 galegos están inmunizados", deles 17.000 mulleres e 13.000 homes 
 
Un sanitario toma una muestra para el test de seroprevalencia. DAVID CABEZÓN
photo_camera Un sanitario toma mostras de sangue para realizar un test de coronavirus. DAVID CABEZÓN

O estudo de seroprevalencia do Sergas ratifica que o coronavirus Covid-19 circulou pouco por Galicia, cunha prevalencia do 1,15 por cento, con Ourense como a provincia con maior porcentaxe, 1,88%, e A Coruña co menor, 0,77%. Así, a Consellería de Sanidade estima que "30.000 galegos están inmunizados", deles 17.000 mulleres e 13.000 homes. 

Deste xeito informárono na rolda de prensa telemática de presentación do 'Estudo de seroprevalencia fronte ao Covid-19 en Galicia' o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares Rodríguez; o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, e o subdirector xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada. 

En concreto, apuntaron que a prevalencia do virus entre a poboación galega aumenta conforme se incrementa a idade, polo que sitúa no 0,56% entre os galegos de 0 a 18 anos; sobe ao 1,09% entre os 19 e 64 anos e aumenta ao 1,64% entre o colectivo maior de 65 anos. 

Por áreas sanitarias, a de maior prevalencia é a de Ourense, co 1,88%; seguida da de Vigo, co 1,64% e as de Pontevedra e Santiago, con máis dun 1%; mentres que a da Coruña sitúase como a de menor. 

O test da primeira onda para o estudo autonómico de seroprevalencia, iniciado o 23 de abril, concluíron o pasado 8 de maio

En canto aos concellos de máis de 50.000 habitantes, Vigo sobresae cun 2,08% de prevalencia, que xustifican na densidade de poboación e na cantidade de persoas que acoden a traballar; seguida de Ourense (1,8%), Pontevedra (1,24%) e Santiago (1,1%), coa Coruña, Lugo e Ferrol á cola, con menos dun un por cento. Por comarcas, a do Barco de Valdeorras sitúase á cabeza, como "única que supera os tres puntos de prevalencia", afirmou Paz-Ares. 

O test da primeira onda para o estudo autonómico de seroprevalencia, iniciado o 23 de abril, concluíron o pasado 8 de maio para analizar a circulación do virus SARS-Cov2 na Comunidade galega, na que o Sergas contactou cunha mostra 50.925 participantes na mostra. E o Sergas asegurou que a segunda onda prevista farase "cando toque". 

Comentarios