domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Falece aos 95 anos o arquitecto coruñés Andrés Fernández-Albalat

Andrés Fernández-Albalat. EP
Andrés Fernández-Albalat. EP
Deseñou a fábrica de Sargadelos en Cervo ou o estadio multiusos de San Lázaro, en Santiago

O prestixioso arquitecto coruñés, Andrés Fernández-Albalat, faleceu este domingo na súa cidade natal á idade de 95 anos tras unha complicación dunha afección respiratoria leve.

Fernández-Albalat formouse como arquitecto na Escola de Madrid (1956), tras o cal regresou á súa cidade nadal, onde se atopou un xeito de facer arquitectura "ancorada no pasado". O seu obxectivo sempre foi modernizar a disciplina e, grazas a iso, converteuse nun dos grandes pioneiros da modernidade galega grazas á introdución da tecnoloxía e á concepción da arte como espazo arquitectónico, dúas liñas que se materializaron na súa aclamada Sociedade Recreativa Hípica coruñesa.

O profesional era un absoluto referente da arquitectura galega e deixa obras como o estadio multiusos de San Lázaro, a rehabilitación do castelo de Monterrei, as facultades de Bioloxía e Matemáticas da Universidade de Santiago, edificios como a Sociedade Deportiva Hípica, o de Coca-Cola na Coruña, a fábrica de Sargadelos en Cervo ou a rehabilitación do castelo de Monterrei.

Como arquitecto recibiu todo tipo de recoñecementos profesionais, entre eles, a Medalla de Ouro da Universidade de Santiago (2007), o premio ARQano (2008) ou a Medalla Castelao (1994).

Un dos seus proxectos máis ambiciosos como urbanista foi a planificación conxunta do territorio entre A Coruña e Ferrol, que bautizou no seu día como ‘A cidade das rías'. Creouno fai 51 anos como unha gran área metropolitana que conectaba Valdoviño con Arteixo. Con todo, o plan nunca viu a luz pero sentou as bases do que debería ser o espazo entre as dúas cidades.

O seu corpo será velado durante a xornada deste luns no tanatorio Servisa da Coruña. O martes terá lugar o funeral, a partir das 13.00 horas, na igrexa dos Dominicos.

Falece aos 95 anos o arquitecto coruñés Andrés Fernández-Albalat
Comentarios