Falece Celestina Penabad, a avoa de Galicia, aos 111 anos

A muller casou en Xermade e viviu en Roupar de Arriba gran parte da súa vida

Celestina Penabad posa con las flores en su 111 cumpleaños. EP
Celestina Penabad posa con las flores en su 111 cumpleaños. EP

A denominada avoa de Galicia, Celestina Penabad García, faleceu este venres aos 111 anos de idade.

Natural de Muras, Celestina casou en Xermade e viviu en Roupar de Arriba gran parte da súa vida, aínda que nos últimos anos pasaba tamén algúns meses na Coruña. 

O pasado 2 de agosto celebrou o seu 111 aniversario como a persoa de maior idade de Galicia unha das máis lonxevas de España. Fíxoo xunto ás súas dúas fillas, dúas netas e dúas biznietas, que eran a súa debilidade, e demais familia. 

O enterro será este sábado ás seis da tarde.

Comentarios