jueves. 04.06.2020 |
El tiempo
jueves. 04.06.2020
El tiempo

Falece un traballador dunha obra en Vigo

Ambulancia do 061. ARQUIVO
Ambulancia do 061. ARQUIVO
Parouse bruscamente cando subía por unha escaleira e caeu sen causa aparente

Un traballador de 56 anos, M.R.D.S., natural do municipio ourensán de Padrenda, faleceu este venres en Vigo tras sufrir unha parada cardiorrespiratoria e precipitarse desde o alto dunha escaleira.

Segundo informaron fontes da Policía Local, ocorreu á primeira hora da mañá deste venres, nunha obra na rúa Real, na zona antiga da cidade olívica.

O 092 recibiu un aviso dun accidente laboral grave e, ao chegar ao lugar, o responsable da obra relatou aos axentes que o operario se precipitou desde unha escaleira, "coma se lle dera algo".

Segundo explicou, o home estaba a subir pola escaleira cando, de súpeto, detívose e caeu sen causa aparente. O seu xefe intentou movelo e, ao ver que non respondía, colocouno en posición lateral de seguridade e avisou a urxencias médicas e á Policía.

Os axentes observaron que o operario estaba tombado no chan, con signos de atoparse en parada cardiorrespiratoria. Ao comprobar que non respiraba iniciaron as manobras de reanimación básica. Pouco despois chegou unha ambulancia medicalizada, cuxo persoal continuou coas manobras, pero finalmente o médico só puido certificar o falecemento.

Falece un traballador dunha obra en Vigo