Xornada negra nas estradas con catro mortos en choques en Brión, Ames e Ponte Caldelas
Un terceiro, ocurrido, en Ponte Caldelas, cobrouse a vida dunha muller de 39 anos que colisionou frontalmente co coche que conducía un octoxenario. El tivo que ser trasladado ao hospital.
O primeiro accidente ocorreu sobre as 12.00 horas, cando os vehículos circulaban á altura do punto quilométrico 12 da AC-543, nos Ánxeles. O 112 recibiu a chamada dun particular, para pedir axuda. Foron avisados a 061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros do Xallas e os membros do GES de Brión. Tamén foron informados a Policía Local e os efectivos de Protección Civil.
Debido á gravidade da situación, un helicóptero medicalizado do 061 tamén se desprazou ata o lugar, que trasladou a un dos feridos ao Clínico de Santiago. O outro foi evacuado en ambulancia.
O segundo sinistro tivo lugar pasadas as 14.00 horas na AC-544, a estrada que une Bertamiráns e Negreira. "O resultado foi tráxico xa que faleceron dúas persoas da mesma familia, e outra resultou ferida", indicaron desde Protección Civil de Ames. En concreto, as vítimas son pai e filla. Ata o lugar do accidente achegáronse tamén efectivos do GES de Brión, Bombeiros de Boiro e Santa Comba, 061, Garda Civil de Tráfico e Policía Local de Ames.