Xornada negra nas estradas con catro mortos en choques en Brión, Ames e Ponte Caldelas

No sinistro da AC-544 faleceron pai e filla e foi necesario o uso de material de excarceración para liberar a dous dos feridos do interior dun vehículo"
Accidente en Brión. CEDIDA
Accidente en Brión. CEDIDA

Accidente mortal en Ames. GUARDIA CIVILXornada negra nas estradas galegas con catro falecidos en tres accidentes de tráfico. O primeiro deles ocorreu ao colidir dous turismos no municipio coruñés de Brión. Unha persoa faleceu e outras dúas resultaron feridas graves. No segundo, en Ames, foron dúas as vítimas mortais —pai e filla, veciños de Santiago— e tres os feridos. "Foi necesario o uso de material de excarceración para liberar a dous dos feridos do interior dun vehículo", explicou o 112.

Un terceiro, ocurrido, en Ponte Caldelas, cobrouse a vida dunha muller de 39 anos que colisionou frontalmente co coche que conducía un octoxenario. El tivo que ser trasladado ao hospital.

O primeiro accidente ocorreu sobre as 12.00 horas, cando os vehículos circulaban á altura do punto quilométrico 12 da AC-543, nos Ánxeles. O 112 recibiu a chamada dun particular, para pedir axuda. Foron avisados a 061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros do Xallas e os membros do GES de Brión. Tamén foron informados a Policía Local e os efectivos de Protección Civil.

Debido á gravidade da situación, un helicóptero medicalizado do 061 tamén se desprazou ata o lugar, que trasladou a un dos feridos ao Clínico de Santiago. O outro foi evacuado en ambulancia.

O segundo sinistro tivo lugar pasadas as 14.00 horas na AC-544, a estrada que une Bertamiráns e Negreira. "O resultado foi tráxico xa que faleceron dúas persoas da mesma familia, e outra resultou ferida", indicaron desde Protección Civil de Ames. En concreto, as vítimas son pai e filla. Ata o lugar do accidente achegáronse tamén efectivos do GES de Brión, Bombeiros de Boiro e Santa Comba, 061, Garda Civil de Tráfico e Policía Local de Ames.