domingo. 24.10.2021 |
El tiempo
domingo. 24.10.2021
El tiempo

Un falecido e dous feridos nun accidente rexistrado na A-52, en Allariz

O sinistro ocorreu ás dúas e media da tarde á altura do quilómetro 211 da vía

Un home de 30 anos e iniciais J. D. S. faleceu este venres nun accidente de tráfico na autovía A-52 ao seu paso polo termo municipal de Allariz, en Ourense, ao envorcar e posteriormente chocar o seu coche con outros vehículos e que se saldou con varias persoas feridas. 

Ademais da persoa falecida, outros dous homes, con iniciais R. C. B., de 44 anos. e M. G. P. de 75, resultaron con feridas de diversa consideración e foron trasladados ao Complexo Hospitalario de Ourense. 

Segundo informou a Efe o CAE 112 Galicia, o sinistro ocorreu ás dúas e media da tarde á altura do quilómetro 211 da citada vía. O coche envorcou, deu varias voltas de campá e finalmente chocou con outros vehículos.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de urxencias sanitarias, con dúas ambulancias medicalizadas, axentes da Garda Civil, Protección Civil de Allariz, ademais mobilizouse o helicóptero sanitario con base en Ourense. 

A causa do accidente, Tráfico puxo a disposición un desvío alternativo pola N-525 Allariz-Taboadela mentres o carril estivo cortado.

Un falecido e dous feridos nun accidente rexistrado na A-52, en...