Tres persoas falecen en Curtis ao intoxicarse con CO2

Trátase dun matrimonio de 81 e 86 anos e o seu fillo, de 52
Vivenda de Curtis na que tres persoas faleceron este domingo. ELISEO TRIGO (EFE)
photo_camera Vivenda de Curtis na que tres persoas faleceron este domingo. ELISEO TRIGO (EFE)

Tres persoas morreron este domingo na súa vivenda da parroquia de Fisteus, en Curtis, por inhalación de monóxido de carbono procedente dun xerador de corrente. 

Segundo informou a Europa Press fontes do 112 e do 061, a chamada de alarma deuse sobre as 16.50 horas, cando se localizou ás tres persoas falecidas no interior dunha vivenda. 

Os mortos son un matrimonio de octoxenarios, que foron localizados falecidos na súa cama; e o fillo de ambos, de 52, que se atopaba nun garaxe no que estaba a funcionar un xerador de corrente a combustible, que se baralla como posible causa da intoxicación. 

Fontes da investigación apuntan a que a vivenda podería sufrir un corte de electricidade, o que motivaría que os ocupantes empregasen o xerador. 

No operativo participaron efectivos do GES da localidade, axentes da Garda Civil e Bombeiros de Betanzos, así como persoal sanitario do 061 e integrantes do grupo de intervención psicolóxica en catástrofes, para atender aos familiares dos falecidos.