lunes. 06.12.2021 |
El tiempo
lunes. 06.12.2021
El tiempo

Falece o exalcalde de Vigo Manoel Soto

Manoel Soto. ARCHIVO
Manoel Soto. ARCHIVO
Luchó durante años contra un cáncer de pulmón


O primeiro alcalde da democracia en Vigo, Manoel Soto, faleceu na noite deste mércores aos 75 anos de idade. Soto (Ourense, 1944), gobernou na cidade olívica entre 1979 e 1991. En 1998 abandonou o PSOE e fundou Progresistas Vigueses.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que porá un libro de firmas a disposición dos cidadáns que queiran despedirse de Manoel Soto. Mediante declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico explicou que, así, no salón de plenos lembrarase o seu "traballo" e asegurou que o seu "recordo" e a súa "memoria" perdurarán na cidade. 

Así mesmo, Abel Caballero expresou no seu nome, no da cidade e no do Goberno o seu pésame á familia do primeiro alcalde da democracia na urbe galega, que exerceu como rexedor baixo as siglas do PSdeG-PSOE durante 12 anos, entre 1979 e 1991, ata ser sucedido por Carlos Príncipe. 

Tras darse de baixa no seu partido en 1988, en cuxa fundación participara durante a ditadura franquista, colaborou na creación dunha nova formación, Progresistas Vigueses, que conseguiu un e dous concelleiros nas eleccións municipais de 1999 e 2003, respectivamente. 

Distintos responsables políticos expresaron as súas condolencias polo seu falecemento a través das redes sociais. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, lembroulle como un "compañeiro" que formou parte da historia" do Partido Socialista. 

Ademais, o portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, asegurou que, co falecemento do exregidor, "Vigo perde a un dos seus referentes municipalistas" que exerceu como alcalde "cando os concellos non tiñan nada". O concelleiro do BNG na cidade olívica, Xabier P. Igrexas, puxo en valor o "empeño" de Soto a favor da cidade e a súa "lealdade" coa mesma. 

Falece o exalcalde de Vigo Manoel Soto
Comentarios