A familia de Brais Bogo pide que se investigue pola súa morte ao mozo que era a súa parella

Brais Bogo. EP

Os seus familiares publicaron unha carta aberta en Facebook

Cando se cumpren tres anos da morte do mozo ferrolán Brais Bogo, cuxo cadáver apareceu nunha zona de Santiago onde conflúen os ríos Sar e Sarela nun caso que foi considerado un suicidio pola Policía, a familia do falecido publicou unha carta aberta en Facebook na que piden ao citado corpo de seguridade que reabra a investigación sobre o óbito. Aprecian indicios criminais que apuntan, segundo din, a un compañeiro de piso de Brais co que mantiña unha relación sentimental.

"A Policía deu por válida a coartada desta persoa, que dixo estar na Coruña. O día dos feitos este mozo, con antecedentes por roubos e condutas violentas, non contestaba o teléfono e, cando lograron falar con el, dixo que apenas coñecía a Brais. Despois un axente confesounos que lles mentiu en varios interrogatorios. Queremos que se esclareza o que pasou", escribe o irmán de Brais.