sábado. 16.11.2019 |
El tiempo
sábado. 16.11.2019
El tiempo

A familia Vázquez triunfa en Youtube coa lingua de signos

A familia Vázquez. INSTAGRAM
A familia Vázquez. INSTAGRAM

José, Mari Carmen e Iván buscan así reivindicar unha maior concienciación con respecto ás persoas xorda

A familia Vázquez está triunfando en Youtube cunha canle na que suben vídeos empregando unicamente a lingua de signos. José, Mari Carmen e Iván buscan así reivindicar unha maior concienciación con respecto ás persoas xordas. 

Os tres membros desta familia son xordos e, aínda que non teñen "formación en audiovisuais", si teñen "boas ideas" que plasman nos vídeos que protagonizan.

“Empezamos gravando vídeos reivindicativos pero logo comezamos a incluír o humor e en pouco tempo empezou a subir o número de reproducións e de seguidores”, explicou Iván á TVG.

Nos dous anos de vida da súa canle de Youtube editaron uns 90 vídeos, que foron sumando visualizacións progresivamente. Na súa páxina de Facebook acumulan máis de 9.000 'gústame' e vídeos con 190.000 reproduccións. 

A familia Vázquez triunfa en Youtube coa lingua de signos
Comentarios