As familias galegas con rendas baixas poderán solicitar máscaras gratuítas

Desde o luns e ata o venres 27 de novembro poderán pedilas a través dos centros educativos
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, na presentación do plan para facilitar o sistema de educación virtual. XOÁN REY (EFE)
photo_camera O conselleiro de Educación, Román Rodríguez. XOÁN REY (EFE)

As familias galegas con baixos ingresos terán desde o luns, 16 de novembro, ata o venres 27 de novembro para solicitar ás máscaras gratuítas que repartirán os centros educativos públicos e concertados. 

Así se desprende da orde publicada este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG), na que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade establece os criterios polos que os colexios e institutos distribuirán este material sanitario durante o actual curso 2020/21. 

En concreto, na liña avanzada esta semana polo titular deste departamento, Román Rodríguez, a orde explica que poderán solicitalo as familias con ingresos per capita -por cada membro- de 6.000 euros ou menos. De feito, serán automaticamente receptores das máscaras os alumnos beneficiarios das axudas para adquirir material escolar, posto que xa cumpre estes mesmos criterios de rentan.
 
Ademais, entrarán nesta repartición, con independencia dos ingresos familiares, os estudantes de Educación Especial, aqueles sometidos a tutela ou garda da Xunta e os que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 65 por cento. 

Para elaborar a solicitude, valorarase a renda per capita da unidade familiar correspondente ao ano de 2018, que terá que ser de 6.000 euros ou menos ao repartila entre todos os membros -contan o dobre as persoas cunha discapacidade do 33 por cento ou que percibe unha pensión por incapacidade permanente-. No entanto, en casos de violencia machista, para este cálculo non contarán os ingresos dos agresores. 

TRAMITADO POLOS CENTROS. A orde que recolle o DOG establece que lles corresponde aos centros docentes públicos e concertados tramitar as solicitudes, para o que terán tres meses a partir da publicación da convocatoria, así como o resto de labores de xestión, tamén a propia repartición.
 
As familias presentarán as solicitudes -non terán que facelo os beneficiarios das axudas para adquirir material escolar- de xeito presencial no propio colexio ou instituto, empregando para iso unha ficha dispoñible na sede electrónica da Xunta. 

O prazo para a presentación das solicitudes será de díaz días hábiles desde este sábado, é dicir, entre o luns 16 e o venres 27 de novembro. 

A previsión da Administración, tal e como explicou esta semana o conselleiro de Educación, é que reciban as máscaras ao longo de todo o curso escolar ao redor de 100.000 alumnos. 

FONDO DE RESERVA. Os centros adquirirán todo o material con cargo aos 7 millóns de euros do Fondo de Reserva de Garantía Educativa, habilitados para o reforzo das medidas de seguridade ante a pandemia. 

Tamén se farán con máscaras hixiénicas reutilizables transparentes para a atención na aula de audición e linguaxe, co obxectivo de que as empreguen neste espazo tanto o alumnado como o profesorado. 

Comentarios