lunes. 26.10.2020 |
El tiempo
lunes. 26.10.2020
El tiempo

Feijóo asume que os orzamentos non estarán para o 1 de xaneiro

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo LAVANDEIRA JR. (Efe)
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo LAVANDEIRA JR. (Efe)
Confía en que en Consello de Política Fiscal e Financeira debuxe "o cadro" sobre o que definir as contas autonómicas de 2021 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu que "parece practicamente imposible" que Galicia conte con orzamentos aprobados a día 1 de xaneiro, unha situación da que responsabilizou ao Goberno central pola falta de "definición" de asuntos como o teito de gasto ou o uso do déficit.

Así se pronunciou, a preguntas dos medios este xoves na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o mandatario autonómico, que confía en que a situación comece a despexarse tras a celebración o vindeiro luns do Consello de Política Fiscal e Financeira.

Unha cita da que espera que salga "o cadro" sobre o que o Goberno galego poida "deseñar" os seus orzamentos que, di, non estarán aprobados antes de final de ano polos "continuos cambios de criterio" do Executivo central.

Feijóo cre que "os vaivéns" da Administración central son patentes "só con seguir as declaracións" dos seus dirixentes en asuntos como o déficit ou a regra de gasto. "é moi difícil empezar a deseñar algo", comentou.

Así as cousas, o presidente sinalou que, nestes momentos, a Xunta atópase "traballando con fichas e políticas económicas" que "non" pode "sustentar" sobre cifras "porque as descoñece", xa que asuntos como as liquidacións ou a débeda "seguen en interrogación". 

Feijóo asume que os orzamentos non estarán para o 1 de xaneiro
Comentarios