martes. 11.08.2020 |
El tiempo
martes. 11.08.2020
El tiempo

Feijóo e o seu "irmán" Zahera, xuntos para felicitar o Nadal

Feijóo e Zahera, no vídeo de felicitación de Nadal. TWITTER
Feijóo e Zahera, no vídeo de felicitación de Nadal. TWITTER
O presidente galego e o actor protagonizan un vídeo no que desexan boas festas aos galegos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sorprendeu este venres ao publicar nas redes sociais unha orixinal felicitación de Nadal en forma de vídeo.

Nesta ocasión, o xefe do Executivo galego contou coa colaboración do seu "irmán" Luis Zahera, con quen garda un innegable parecido físico.

 

O programa Land Rober foi o primeiro en percibir a abraiante semellanza física entre o presidente galego e o actor, que se viron por primeira vez cara a cara neste espazo da TVG.

É tal a evidencia, que ata o xefe do Executivo galego admitiu o parecido e mesmo empregou unha fotografía dese día para felicitar a Zahera tras gañar o Goya o pasado mes de febreiro. 

Feijóo e o seu "irmán" Zahera, xuntos para felicitar o Nadal
Comentarios