Ferido grave tras seccionarse un brazo nun accidente laboral no porto de Marín
06 de julio de 2018 (18:45 h.)
O home, de 32 anos, foi trasladado a Povisa
Un operario dunha empresa situada o o Porto de Marín foi trasladado este venres pola mañá ao Hospital de Povisa por unha posible amputación dun brazo.
Segundo informan fontes de Urxencias Sanitarias 112, a Autoridade Portuaria chamou alertando dun accidente laboral nunha entidade da rada marinense, ao redor das 10.00 horas. Ao lugar dos feitos trasladouse o 061, a Garda Civil e a Policía Nacional. Foron informados tamén a Policía Local e Protección Civil.