Un operario dunha empresa situada o o Porto de Marín foi trasladado este venres pola mañá ao Hospital de Povisa por unha posible amputación dun brazo.
Segundo informan fontes de Urxencias Sanitarias 112, a Autoridade Portuaria chamou alertando dun accidente laboral nunha entidade da rada marinense, ao redor das 10.00 horas. Ao lugar dos feitos trasladouse o 061, a Garda Civil e a Policía Nacional. Foron informados tamén a Policía Local e Protección Civil.