miércoles. 05.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 05.08.2020
El tiempo

Ferido un menor ao tirarse de cabeza ao mar en Baiona

Praia de Santa Marta, en Baiona. GOOGLEMAPS
Praia de Santa Marta, en Baiona. GOOGLEMAPS

Un neno resultou ferido na tarde deste venres na praia de Santa Marta en Baiona ao lanzarse á auga, o que obrigou a desprazar ao lugar os servizos sanitarios de urxencias.

Atendendo á información divulgada polo 112, foi un particular quen contactou coa central de urxencias para alertar do sucedido ao redor das 18.00 horas. Explicou que o mozo se tirou de cabeza ao mar e chocou co fondo.

Os xestores do 112 informaron do ocorrido ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se desprazou ao areal para prestar atención médica ao menor.

Ferido un menor ao tirarse de cabeza ao mar en Baiona