sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

Gadis regala este venres 50.000 máscaras hixiénicas ao facer a compra 

Las mascarilla que ragala Gadis.EP
A máscara que ragala Gadis.EP
O produto está está inspirado na nova campaña de 'Vivamos como galegos'

Gadis regalará este venres 13 de novembro un total de 50.000 máscaras hixiénicas non reutilizables aos seus clientes en todos os seus puntos de venda de Galicia, ata fin de existencias, cando fagan a compra. 

A cadea de supermercados reivindica con esta actuación o seu "apoio" nestes tempos "complexos" en que a pandemia "cambiou todo". "No ADN de Gadis está axudar e, para nós, é un compromiso coa sociedade pór todos os grans de area que podamos para loitar contra a pandemia", destaca a dirección de mercadotecnia da compañía. 

Estas 50.000 máscaras hixiénicas están inspiradas na nova campaña de 'Vivamos como galegos' e transmiten unha mensaxe de optimismo contra a covid na liña do anuncio 'Non vas poder connosco'. 

Gadis regala este venres 50.000 máscaras hixiénicas ao facer a compra 
Comentarios