viernes. 23.10.2020 |
El tiempo
viernes. 23.10.2020
El tiempo

Galicia asegura que a proposta do Estado carece de avais "técnicos suficientes" 

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. EFE
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. EFE
Sanidade defende que o Ministerio unicamente contempla tres criterios de avaliación

A Xunta trasladou o seu rexeitamento á proposta do Ministerio de Sanidade para restrinxir a mobilidade nos municipios de máis de 100.000 habitantes con máis de 500 casos de covid-19, tras considerala "incompleta" e que carece dos "avais técnicos suficientes" para adaptala á situación epidemiolóxica da comunidade galega. 

Así o trasladou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no seo do Consello Interterritorial de Saúde. En concreto, o titular autonómico criticou que a proposta unicamente contempla tres criterios de avaliación e "obvia moitos dos parámetros" recollidos polo documento elaborado polo comité clínico de expertos galego. 

Galicia conxuga os datos de ata 10 parámetros cos seus correspondentes indicadores, que se teñen en conta para a toma de decisións e de medidas restritivas nos diferentes municipios, explicou. Esta liña de traballo segue, ademais, "os mesmos criterios" tanto para municipios pequenos como para os grandes núcleos de poboación, incluídos aqueles de máis de 100.000 habitantes. 

Sanidade censura que o Ministerio deixa de lado indicadores como a vulnerabildiade, a porcentaxe de positivos sobre cuarentenados, a presión hospitalaria ou a situación das urxencias. É por iso, que Comesaña advertiu que obviar estes criterios non permitiría dar continuidade ao traballo desenvolvido desde o inicio da pandemia en Galicia. 

Finalmente, apelou a recuperar "o consenso" do Consello Interterritorial de Saúde e "sumar esforzos" para configurar un documento "válido" para o conxunto das comunidades. Ao mesmo tempo, solicitou que se convoque con moita brevidade aos relatorios de alerta e saúde pública . 

Galicia asegura que a proposta do Estado carece de avais "técnicos...
Comentarios