Galicia conta cun novo millonario desde o venres

O Euromillón deixa un importante premio no Bar Paco do Carballiño
Exterior del Bar Paco, en O Carballiño. GSV
photo_camera Exterior del Bar Paco, en O Carballiño. GSV

Un veciño do Carballiño converteuse desde o pasado venres en novo millonario grazas ao sorteo do Euromillón.

O boleto acertante do Millón –dotado, como o seu propio nome indica, cun millón de euros–, con código BST33327, foi validado no Despacho Receptor número 55.495 da localidade ourensá do Carballiño, correspondente ao Bar Paco.

Polo momento descoñécese a identidade do agraciado, aínda que os donos do local teñen a seguridade de que se trata dun cliente da zona, que tivo máis sorte se cabe se temos en conta os criterios da modalidade do Millón –baseado nunha combinación de números e letras que a propia máquina xera ao azar máis aló dos números elixidos polo acertante–.

A combinación gañadora do sorteo do Euromillón deste venres estivo formada polos números 6, 17, 32, 44 e 46. As estrelas foron o 2 e o 6, e a recadación ascendeu a 65.246.284,40 euros.