martes. 17.09.2019 |
El tiempo
martes. 17.09.2019
El tiempo

Galicia continúa ardendo

Incendio en Ribeira. TWITTER (incendiosgalic1)
Incendio en Ribeira. TWITTER (incendiosgalic1)
Un lume detectado en Ribeira queimou xa 150 hectáreas e continúa activo

Os incendios seguen arrasando Galicia durante este sábado. Aos 16 lumes detectados súmase agora un que afecta os municipios de Ribeira e Porto do Son e que xa calcinou 175 hectáreas.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural no seu último parte informativo, as chamas comezaron ás 23.04 horas do sábado e no seu control traballan 12 axentes, 22 brigadas, 14 motobombas, dúas pas, nove helicópteros e catro avións. Ademais, incorporáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). 

O fume provocado polo que xa é o incendio máis grande dos rexistrados na comarca do Barbanza obrigou a interromper o tráfico na estrada AC-550, aínda que xa foi restablecido. 

Con todo, o resto de grandes incendios rexistrados nas últimas xornadas foron xa controlados. Así, na provincia da Coruña foron controlados os de Fisterra (130 hectáreas) e Porto do Son (89,4 hectáreas). Ademais, continúa controlado o de Monforte de Lemos, con 465 hectáreas arrasadas. 

Na provincia de Ourense, ademais, están controlados os lumes rexistrados en Cenlle (45,9 hectáreas), Muíños (10 hectáreas) e Lobeira (150 hectáreas). Estes dous últimos rexistráronse dentro do Parque Natural de O Xurés. 

Galicia continúa ardendo