viernes. 24.09.2021 |
El tiempo
viernes. 24.09.2021
El tiempo

Galicia rexistra 15 falecidos máis e acada un total de 1.024 

Parte de la fachada del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña (Chuac). CABALAR (EFE)
Parte de la fachada del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña (Chuac). CABALAR (EFE)

A Consellería de Sanidade notificou este martes 15 falecidos máis con coronavirus en Galicia, de forma que o total de mortes ascende até 1.024. 

É unha das maiores cifras rexistradas na segunda onda en Galicia. Con todo, supón unha baixada respecto das 21 mortes notificadas o luns –tope desde comezos de abril, coas mesmas vítimas que as rexistradas o 2 de novembro–. 

Destas 15 persoas falecidas, sete estaban vencelladas con residencias. Todas presentaban patoloxías previas. 

Esas sete persoas son: Unha muller de 92 anos ingresada no CHUF de Ferrol –procedente da Residencia As Fragas-Pontedeume–; unha muller de 94 anos no Hula de Lugo –procedente da Vivenda Comunitaria Remanso de Paz da Fonsagrada–; unha muller de 84 anos no Hospital da Mariña –procedente da residencia de San Cibrao–; dúas mulleres de 88 e 98 anos falecidas na residencia Nosa Señora dos Milagres de Barbadás; unha muller de 97 anos no CHUO de Ourense –procedentes de Nosa Señora dos Milagres de Barbadás–; e unha muller de 91 anos no Hospital do Salnés –procedente da Residencia DomusVi-Ribadumia–.

O resto dos 15 falecidos son os que seguen. No Chuac da Coruña tres persoas: dous homes de 88 e 71 anos, así como unha muller de 66. 

Na área sanitaria de Ferrol, no CHUF faleceu unha muller de 54 anos. Tamén un home de 84 anos en Fene. 

O resto de falecidos complétanse cunha muller de 83 anos no Hula, un home de 78 anos no CHUO e un home de 72 anos no CHUS de Santiago. 

Galicia rexistra 15 falecidos máis e acada un total de 1.024 
Comentarios