jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

Galicia rexistra un novo récord con 755 positivos de covid en 24 horas

Un estudante sométese a unha proba PCR. LAVANDEIRA JR. (Efe)
Un estudante sométese a unha proba PCR. LAVANDEIRA JR. (Efe)

Aumenta a incidencia nas áreas sanitarias de Vigo, A Coruña, Lugo e Ourense

Os contaxios de covid-19 detectados nas últimas 24 horas en Galicia volveron a alcanzar un novo récord, con 755. De todas as áreas sanitarias, a de Vigo disparouse a 215, tamén a cifra máis alta de toda a pandemia, con 30 máis que o día anterior. 

Segundo os datos actualizados na web da Consellería de Sanidade este sábado, con rexistros ata as 18,00 horas deste venres, os contaxios detectados tamén ascenderon de maneira importante nas áreas sanitarias da Coruña, a 130 (+13); en Lugo, a 119 (+69), e en Ourense, a 91 (+37). Mentres, baixaron os novos positivos baixaron en Santiago (84), Ferrol (64) e Pontevedra-O Salnés (53). 

En canto ás altas, nas últimas 24 horas recibírona 363 persoas, o que coloca o total desde o inicio da pandemia en 26.900. Ademais, ata o momento faleceron 910 persoas con coronavirus na comunidade, tras engadirse ao cómputo oito vítimas notificadas na tarde do venres. 

A cifra de casos activos —persoas que aínda teñen a enfermidade— está este sábado en 8.762, cun ascenso de 399 nun día. Tamén neste sentido se dispararon en Vigo, que se sitúa á cabeza con 1.924 pacientes de coronavirus (+166).

No que respecta ás hospitalizacións, descendeu lixeiramente a cifra de persoas ingresadas na comunidade, a 474 (dous menos), das que 69 están en unidades de críticos. 

Galicia rexistra un novo récord con 755 positivos de covid en 24 horas
Comentarios