domingo. 26.09.2021 |
El tiempo
domingo. 26.09.2021
El tiempo

Galicia suma outros nove falecidos e a cifra total da pandemia elévase a 923

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). EP
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). EP
Cinco das vítimas notificadas este domingo eran usuarios de residencias de anciáns

Un total de nove persoas ás que se lles diagnosticara coronavirus, cinco delas procedentes de residencias de anciáns, faleceron nos hospitais galegos nas últimas horas. Con estas, a cifra total de vítimas que deixa a pandemia en Galicia elévase xa a 923. 

Segundo informou este domingo a Consellería de Sanidade, tres destes falecidos permanecían ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Chuo): unha muller de 73 anos que era usuaria da residencia Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia, outra de 88 anos e unha terceira de 85. 

Ademais, no Hospital do Barco de Valdeorras morreu unha muller de 90 anos que procedía do xeriátrico Valdegodos de Viana do Bolo. 

No Hospital da Mariña, en Burela, morreron nas últimas horas dúas persoas procedentes da residencia de San Cibrao, en Cervo. En concreto, trátase dun home de 81 anos e dunha muller de 89. 

Ademais, faleceron no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) diagnosticados de coronavirus un home de 92 anos e unha muller de 92. Esta última era usuaria da residencia Ballesol Oleiros. 

A novena vítima mortal foi un home de 80 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHUP). 

Galicia suma outros nove falecidos e a cifra total da pandemia...
Comentarios