Os contaxios de coronavirus seguen medrando en Galicia, con 785 positivos en 24 horas

Hai xa 482 persoas hospitalizadas na comunidade, 74 en unidades de críticos
Una sanitaria realiza unha PCR. XESÚS PONTE
photo_camera Una sanitaria realiza unha PCR. XESÚS PONTE

A cifra de novos contaxios de coronavirus segue á alza en Galicia, que volve rexistrar unha marca histórica con 785 en 24 horas. Son unha trintena máis que o sábado. Ademais, este domingo superouse a barreira dos 9.000 casos activos, é dicir, pacientes que aínda teñen a enfermidade. Son, en concreto, 9.119.

Atendendo aos datos actualizados na web da Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18.00 horas do sábado, a área sanitaria con máis novas infeccións diarias volveu a ser a de Vigo, con 165, pero con todo baixou en 50. 

Onde si se dispararon os positivos en 24 horas, a máis do dobre, foi nas áreas de Ferrol, con 136 (+72) e Pontevedra-O Salnés, con 113 (+60). Tamén subiron, aínda que máis lixeiramente, as áreas sanitarias da Coruña-Cee, a 131 (+1) novos contaxios, e Santiago-Barbanza, a 93 (+9). 

No lado oposto, á parte de en Vigo, baixaron nas áreas sanitarias de Lugo-A Mariña-Monforte, a 112 (-7); e en Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, onde se desploman ata ter só 25 novos positivos nun día (-66). 

Nas últimas 24 horas recibieron a alta 430 persoas, o que coloca o total desde o inicio da pandemia en 27.330. Ata o momento faleceron 914 persoas con coronavirus en Galicia, tras engadirse ao cómputo o catro vítimas notificadas na tarde do sábado. 

O número de pacientes en unidades de críticos de hospitais galegos continúa coa súa tendencia á alza e son xa 74 das 482 persoas que se atopan hospitalizadas con covid-19. 

Comentarios