O Goberno nega que sexa unha loa chamar a Franco "xeneral de gran prestixio"

A inscrición acompaña un busto do ditador que se exhibe no Museo Militar da Coruña

Una sala del Museo Militar de A Coruña. EP
photo_camera Unha sala do Museo Militar da Coruña. EP

O Goberno negou que sexa unha "loa" á figura de Franco a lenda que acompaña un busto que se exhibe no Museo Militar da Coruña, que comeza describindo ao ditador como "militar de gran prestixio".

En resposta a unha pregunta por escrito do deputado de En Marea Miguel Anxo Fernán-Vello remitida ao Congreso, o Executivo relata que a misión de todos os museos históricos é mostrar os feitos históricos, "non interpretalos", sendo esta tarefa dos investigadores e historiadores.

"No caso referido, non existen loas á figura do xeneral Franco", remarca o Goberno, que recorda que o busto do ditador e o panel que o acompaña levan expostos máis de vinte anos e que na actualidade está a levarse a cabo o proceso de editar todos os carteis en castelán, galego e inglés.

Na súa pregunta ao Goberno, o deputado de En Marea denunciaba que algúns dos paneis do museo "son un exemplo de adoctrinamiento" de tipo "fílo franquista, rancio e caduco", e que resultan ademais "un insulto á intelixencia".

"¿De verdade considera que foi un militar de gran prestixio? ¿Non cre que foi un ditador que asasinou a miles de persoas, moitas delas aínda nas cunetas e sen que se fixo xustiza á súa memoria?", denuncia.

Comentarios