jueves. 28.10.2021 |
El tiempo
jueves. 28.10.2021
El tiempo

As grandes superficies poderán abrir dez festivos e domingos en Galicia en 2021

Estas datas non son de aplicación para o pequeno comercio, xa que conta con liberdade horaria

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica os dez domingos e festivos que poderán abrir as grandes superficies comerciais no ano 2021.

Segundo explica a Xunta, esta cifra de dez días é a mesma que noutros anos e as datas establecéronse logo de consultar ás principais organizacións do comercio.

Estas datas non son de aplicación para o pequeno comercio, xa que conta con liberdade horaria. Os concellos poden solicitar ata o 15 de novembro a modificación de ata dúas datas para adaptalas ás súas características.

En concreto, estes dez días que abrirán en 2021 son: os dous primeiros domingos do ano (3 e 10 de xaneiro); Xoves Santo (1 de abril); os domingos 31 de outubro, 28 de novembro e 5 de decembro; o 80 de decembro (Inmaculada Concepción); e os domingos do 12, 19 e 26 de decembro.

As grandes superficies poderán abrir dez festivos e domingos en...
Comentarios