martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

Identifican novos usos terapéuticos da nicotina fronte á obesidade 

As investigadoras galegas Eva Rial, Patricia Seoane e Laura Liñares. USC
As investigadoras galegas Eva Rial, Patricia Seoane e Laura Liñares. USC
No estudo participan investigadoras da Universidade de Santiago

Un grupo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Xirona, Oxford e Iowa identificaron novos usos terapéuticos da nicotina na loita contra a obesidade. 

O traballo, presentado na revista Nature Communications, identificou que a nicotina induce o 'pardecemento' do tecido adiposo branco ao actuar no cerebro. 

Como aclara a primeira asinante do traballo, a investigadora do grupo Patricia Seoane Collazo, o tecido adiposo pardo (graxa parda) é o que non almacena lípidos (ao contrario que a graxa branca), senón que os queima' a través dun proceso no que se xera calor. Por exemplo, cando o sistema nervioso central interpreta que o organismo se atopa nun ambiente frío, desencadea como resposta unha activación da termoxénese da graxa parda para incrementar a temperatura corporal. 

"O descubrimento non implica que as persoas que fuman consigan un mellor control do peso" se non que existe "un novo mecanismo molecular na utilización da nicotina con posibilidades ata agora descoñecidas"

Desde a perspectiva do control do peso corporal, a posibilidade de converter a graxa branca en parda "supón contar cun novo 'interruptor' na loita contra a obesidade", apunta a investigadora que, no entanto, matiza que "o descubrimento non implica que as persoas que fuman consigan un mellor control do peso" se non que existe "un novo mecanismo molecular na utilización da nicotina, sempre medicamente controlada e liberada, con posibilidades ata agora descoñecidas". 

Ademais, dado este novo paso na comprensión do comportamento da nicotina, haberá que establecer "esforzos" para definir como "a nicotina exerce os seus efectos beneficiosos no control do peso corporal" e así "poder deseñar terapias que eviten os seus efectos nocivos", principalmente os vinculados á acción de fumar, afirma Patricia Seoane. 

O novo traballo dá continuidade a estudos previos de Miguel López, cuxo grupo xa en 2012 demostrou que a nicotina inhibe a actividade da proteína AMPK no hipotálamo, provocando a diminución da inxesta e un incremento do gasto enerxético ao activar o tecido adiposo pardo. 

Identifican novos usos terapéuticos da nicotina fronte á obesidade 
Comentarios