Un incendio calcina dous coches e afecta a unha vivenda en Cariño

O suceso tivo lugar ás 17.00 horas deste martes na rúa de Crecente Veiga
Un dos coches afectados polo incendio de Agarimo. TRÁFICO FERROLTERRA
Un dos coches afectados polo incendio de Agarimo. TRÁFICO FERROLTERRA

Un incendio declarado no motor dun coche calcinou este e outro vehículo e acabou afectando a unha vivenda do municipio coruñés de Cariño, segundo informou o CIAE 112 Galicia. 

O suceso tivo lugar ás 17.00 horas deste martes na rúa de Crecente Veiga, ata onde se desprazaron efectivos dos bombeiros do Eume e o GES de Ortigueira para apagar as chamas. 

O lume iniciouse no motor dun coche cando circulaba polas inmediacións da igrexa da localidade. Os ocupantes puideron abandonar o vehículo sen sufrir feridas as chamas, que acabaron propagándose a outro turismo que estaba estacionado e a unha vivenda próxima.