jueves. 09.04.2020 |
El tiempo
jueves. 09.04.2020
El tiempo

Interveñen máquinas de 'vending' que mesturaban produtos eróticos con comida en Poio e O Morrazo

A intervención das máquinas de vending.
A intervención das máquinas de vending.

A Garda Civi localizou unha decena de máquinas para a dispensación automática (vending) nas que se expende unha "ampla variedade de produtos e artigos eróticos" mesturados con outros alimentarios no Morrazo e Poio. 

Así o informou o Instituto Armado nun comunicado, no que relata que as pescudas levadas ao cabo pola Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil con base en Marín (Pontevedra) se iniciaron por mor das "queixas que recibidas de varios particulares pola existencia e proliferación deste tipo de máquinas auto expendedoras nas que tamén se vendían artigos eróticos sen ningún tipo de control sobre a exposición e venda destes produtos aos menores". 

No marco das súas competencias específicas, a Patrulla Patrulla Fiscal e Fronteiras de Marín activou un dispositivo especial que os levou a inspeccionar unha decena deste tipo de locais, todos eles situados na comarca do Morrazo e no municipio de Poio, que deu como resultado a localización doutras tantas máquinas deste tipo nas que se atopou, destacan as mesmas fontes, "unha ampla gama de artigos eróticos compartindo espazo, normalmente nos andeis inferiores, con outros artigos de consumo e produtos alimentarios". 

En todos os casos púidose constatar que as máquinas automáticas se atopaban en establecementos abertos ao público "sen ningún tipo de control que poida restrinxir o acceso dos menores a este tipo de produtos, que doutra banda se mostran e exhiben con imaxes explícitas de índole sexual", indica a Benemérita. 

IDENTIFICADOS. De acordo coa normativa, a Garda Civil concluíu as súas actuacións coa identificación dos responsables das máquinas que foron denunciados ante os órganos competentes da administración autonómica por infrinxir, supostamente, a Lei 3/2011 de apoio á familia e á convivencia de Galicia. 

Recorda o Instituto Armado que dita normativa "prohibe a venda, o aluguer, a exposición, e o ofrecemento a menores de idade de material cuxo contido sexa pornográfico, resulte prexudicial para o desenvolvemento da súa personalidade ou contrario aos dereitos e liberdades recoñecidos nas leis vixentes". 

Interveñen máquinas de 'vending' que mesturaban produtos eróticos...