sábado. 24.10.2020 |
El tiempo
sábado. 24.10.2020
El tiempo

Investigan unha presunta agresión homófoba a dous menores que se bicaban en Carballo

Imaxe de arquivo de axentes da Garda Civil. SUSANNA SÁEZ (Efe)
Imaxe de arquivo de axentes da Garda Civil. SUSANNA SÁEZ (Efe)
As mozas terían evitado denunciar o sucedido debido a que as súas familias non coñecen a súa orientación sexual

A Garda Civil da Coruña trata de localizar ás dúas presuntas vítimas dunha agresión homófoba que se rexistrou en Carballo e da que non consta denuncia algunha, polo momento. Segundo recolle La Sexta, as mozas terían evitado denunciar o sucedido debido a que as súas familias non coñecen a súa orientación sexual.

OS FEITOS. Segundo os datos que transcenderon, as mozas, de 16 e 17 anos, foron agredidas por tres mozos que as asaltaron cando as viron bicarse no parque de Anllóns para increpalas e, posteriormente, golpealas.

Investigan unha presunta agresión homófoba a dous menores que se...
Comentarios