jueves. 20.02.2020 |
El tiempo
jueves. 20.02.2020
El tiempo

A Xunta reivindica "o seu compromiso coa igualdade" nun 8-M que se deixou notar na TVG e no Parlamento

La Xunta celebra el 8-M. XOÁN REY
La Xunta celebra el 8-M. XOÁN REY

No Parlamento galego non se celebraron comisión

A Xunta de Galicia celebrou unha concentración este venres no Edificio Administrativo de San Caetano para reivindicar o seu "firme compromiso en seguir traballando para que a igualdade entre mulleres e homes sexa real e efectiva" e pediu un "consenso institucional, político e social" para alcanzar acordos que permitan conseguir a igualdade. 

Ás 12,00 horas, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xunto coa case totalidade do Executivo galego e decenas de traballadores públicos da Administración autonómica participaron nun acto onde a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, leu a declaración institucional da Xunta con motivo do Día Internacional da Muller no que manifestou a necesidade de "loitar pola erradicación de todas as formas de violencia sobre a muller". 

No texto, López Abella lamentou que as estatísticas revelan unha "realidade desigual" non só nas retribucións salariais, senón tamén na promoción profesional, no acceso a sectores e ámbitos aínda "fortemente masculinizados", así como na presenza nas esferas de decisión.  "A incorporación das mulleres ao mercado laboral, a permanencia no emprego e as súas condicións de traballo aínda están lonxe de producirse en condicións de igualdade", asegurou a secretaria xeral de Igualdade, polo que engadiu que é necesario "traballar en favor dun cambio cultural e de valores" para modificar a "persistencia dos estereotipos de xénero".

O PARLAMENTO, SEN COMISIÓN. As comisións 3ª e 5ª do Parlamento de Galicia non se celebraron este venres despois de que só acudisen os deputados masculinos. As mulleres de todos os grupos –PP, En Marea, PSdeG e BNG– decidiron secundar a folga convocada polo Día Internacional da Muller. 

Ao comezo de ambas as sesións, os presidentes fixeron reconto dos presentes na sala e, ao ver que non había quórum, decretaron a caída de todos os puntos do día. 

Ademais, o presidente da Comisión 5ª de Pesca e Marisqueo, o popular Alberto Pazos Couñago, mostrou o seu "respecto" coa decisión das deputadas para reivindicar os seus dereitos. "Cando todas as mulleres do Parlamento paran, a vida parlamentaria para e este Parlamento para", continuou. 

Para visibilizar o 8M, o Pazo do Hórreo convocou para as 12,00 horas unha concentración nas súas portas na que participará o presidente da Cámara autonómica, Miguel Ángel Santalices. 

Modificacións na TVG
A folga convocada tivo tamén incidencia nos medios de comunicación públicos, posto que obrigou a alterar a programación habitual tanto da Televisión de Galicia como da Radio Galega.

O ente radiofónico emitiu os seus habituais boletíns horarios, aínda que ao longo da mañá se emitiron cortes alertando de que "o seguimento da folga convocada polo Día da Muller impide a programación habitual". 

En canto á TVG, o 8M foi o tema principal do informativo Bos Días, que foi presentado por un home en solitario –habitualmente está acompañado dunha muller–. Ademais, ao longo da mañá e o mediodía cancelaron programas como A Revista, xa que no seu lugar se emitiu ADN Galego

A Xunta reivindica "o seu compromiso coa igualdade" nun 8-M que se...
Comentarios