Miércoles. 26.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 26.09.2018
El tiempo

Leiceaga cedería a portavocía do PSdeG a Caballero se decide entrar no Hórreo

José Blanco, Leiceaga, Gonzalo Caballero y Pilar Cancela. PEPE FERRÍN
José Blanco, Leiceaga, Gonzalo Caballero y Pilar Cancela. PEPE FERRÍN

"O posto non é meu", subliñou antes de sinalar que "o secretario xeral dun partido ten unha posición dominante no Parlamento cando está"

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leieceaga, defendeu que o líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, entre nun futuro como deputado na Cámara galega. "É normal que o secretario xeral do partido estea alí onde a política galega se exemplifica, que é o Parlamento", manifestou. 

O portavoz parlamentario do PSdeG pronunciouse deste xeito ao ser preguntado polas declaracións realizadas por Gonzalo Caballero nunha entrevista concedida na Cadena Ser, na que asegurou que mantería polo menos este ano o seu traballo na Universidade de Vigo. 

Respecto diso, Leieceaga defendeu que quen lidera o partido en Galicia entre nun futuro na Cámara ao considerar que é por onde "pasa toda a axenda política de Galicia". 

Así mesmo, preguntado sobre se deberá ostentar a portavocía do Grupo, cargo que neste momento realiza o propio Leiceaga, púxose ao servizo do partido. "Eu estou sempre ao servizo do meu partido, e iso quere dicir sempre", manifestou. 

"O posto non é meu", subliñou antes de sinalar que "o secretario xeral dun partido ten unha posición dominante no Parlamento cando está". 

Leiceaga cedería a portavocía do PSdeG a Caballero se decide entrar...
Comentarios