lunes. 09.12.2019 |
El tiempo
lunes. 09.12.2019
El tiempo

Leiceaga será senador por designación autonómica e deixará o Parlameno

Xoaquín Fernández Leiceaga. PEPE FERRÍN
Xoaquín Fernández Leiceaga. PEPE FERRÍN
O que foi candidato á Xunta en 2016 coordinará a elaboración do programa para as autonómicas e a interparlamentaria socialista

O que fose candidato socialista á Presidencia da Xunta en 2016 e que actualmente ostenta a portavocía parlamentaria do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, deixará a Cámara galega para ocupar un escano no Senado por designación autonómica.

Así o anunciaron este martes o propio Leiceaga e o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en declaracións aos medios convocadas no Lexislativo galego este martes, xornada que coincide coa celebración do pleno.

Deste xeito, o líder dos socialistas galegos levará ante a executiva galega do partido a proposta para que Leiceaga sexa designado polo Parlamento autonómico como senador para a próxima lexislatura en virtude da condición do PSDEG como segunda forza parlamentaria. O pleno extraordinario para a elección dos representantes da Cámara galega no Senado celebrarase o vindeiro martes.

Nesta nova etapa, Leiceaga tamén asumirá as rendas da elaboración do programa electoral do PSdeG para as eleccións autonómicas previstas para o próximo ano, ademais de encargarse da coordinación da Comisión Interparlamentaria, na que están representados os deputados e senadores dos socialistas galegos en Santiago, Madrid e Bruxelas.

UN "ACTIVO FUNDAMENTAL" 

Gonzalo Caballero destacou a Leiceaga como "un activo fundamental" para a organización, que se atopa "nunha fase moi importante" coa vista posta en abrir "un novo tempo político" en Galicia co obxectivo de derrotar ao PP nas autonómicas do próximo ano. 

"Na vida política hai que ir pechando unhas etapas e abrindo outras. En todo caso, o meu empeño fundamental nos próximos meses será colaborar para lograr o cambio político que Galicia necesita e gañar Alberto Núñez Feijóo con Gonzalo (Caballero) como o noso candidato", manifestou Fernández Leiceaga. 

Polo momento, o profesor e economista continuará, ata que asuma a súa acta como senador, como portavoz parlamentario do grupo. Cuestionado sobre quen será a súa substitución, Gonzalo Caballero sinalou que se dirá cando corresponda" e que "sexa como presidente ou como portavoz", el mesmo encargarase de levar "as rendas" do grupo no Parlamento.

Preguntado sobre os motivos para dar o paso cara á política estatal coa súa marcha a Madrid, Lecieaga subliñou a necesidade de preparar "ben a acción política" a través da "coordinación" de programa e a acción parlamentaria, labores que "era complicado" asumir e compatibilizar co papel de portavoz. 

"Agora hai unha opción para min e paréceme interesante", apostilou Leiceaga, que tamén puxo o foco en que Gonzalo Caballero converteuse na "referencia política clara" do grupo parlamentario tras a súa chegada ao Pazo do Hórreo o pasado verán.

NOVA ETAPA

O que fose un dos principais colaboradores do expresidente Emilio Pérez Touriño, economista de formación e profesor universitario na USC, afrontará deste xeito unha nova etapa na política na que, conforme apuntan fontes do PSdeG, seguirá mantendo un papel importante.

En outubro de 2017 Gonzalo Caballero e Xoaquín Fernandez Leiceaga selaron un pacto que finalizou coa vitoria do actual secretario xeral do PSdeG nas primarias nas que se impuxo ao exdeputado Juan Díaz Villoslada para pilotar o partido en Galicia.

Precisamente, tras este acordo, o propio Gonzalo Caballero manifestou publicamente en diversas ocasións que Leiceaga ostentaría o papel que el decidise no PSdeG.

NOVA DEPUTADA

O escano que deixa o que tamén fose un dos principais colaboradores do expresidente Emilio Pérez Touriño e candidato á Xunta nas pasadas autonómicas poderá ser ocupado pola secretaria xeral da Agrupación socialista de Camariñas, Encarna Liñeiro Pouso.

En concreto, esta socialista da Costa da Morte ocupou o número 8 da lista pola Coruña que o PSdeG presentou para as eleccións autonómicas de 2016 e é un dos apoios do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na comarca. 

Leiceaga será senador por designación autonómica e deixará o Parlameno
Comentarios