viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

Liberdade con deber de ir ao xulgado ao acusado de agresión no Carballiño

O mozo de 18 anos está acusado de agredir presuntamente a un home de 53 anos na localidade ourensá

O mozo de 18 anos acusado de agredir presuntamente a un home de 53 anos na localidade ourensá do Carballiño, acción que foi gravada e difundida en vídeo polas redes sociais, quedou en liberdade coa obrigación de comparecencias "quincenais", investigado por un presunto delito de lesións.

Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a xuíza de instrución número dous do Carballiño decretou "liberdade con obrigación de comparecencias quincenais" con prohibición "de achegarse a menos de trescentos metros ou comunicarse coa vítima". O moza detido chegou pasadas as catro e media da tarde ao xulgado e estivo a declarar preto de media hora en sede xudicial, onde respondeu as preguntas formuladas por todas as partes.

En declaracións recollidas polos medios á saída do xulgado, o seu avogado, Antonio Muñoz, explicou que o mozo -que aínda que ten antecedentes non son computables nesta causa- recoñeceu os feitos e mostrou o seu arrepentimento tras o sucedido.

Segundo aseguraron fontes da contorna familiar, o mozo puido beber alcol ese día. "Os feitos falan por si mesmos, hai pouco que comentar", apuntou o avogado, quen engadiu que o vídeo é "bastante explícito", sen entrar en máis valoracións sobre o ocorrido.

A agresión produciuse o pasado mes de marzo, a noite do Venres ao Sábado Santo, no centro urbano do municipio ourensán. O autor da agresión e unha segunda persoa, que o gravaba, atopáronse coa vítima. Tras unha pequena conversación, o mozo agrediu a este home, que tivo que ser trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e posteriormente derivado a Vigo, por mor das súas lesións.

A Garda Civil e a Policía Local continúan as pescudas a fin de identificar á outra persoa implicada nos feitos e que gravou o vídeo que se difundiu polas redes sociais.

Liberdade con deber de ir ao xulgado ao acusado de agresión no...
Comentarios