jueves. 02.07.2020 |
El tiempo
jueves. 02.07.2020
El tiempo

Lugo acollerá o vindeiro 3 de marzo a manifestación feminista unitaria

Manifestación feminista unitaria celebrada o ano pasado en Vigo. SALVADOR SAS (EFE)
Manifestación feminista unitaria celebrada o ano pasado en Vigo. SALVADOR SAS (EFE)

O acto está organizado pola plataforma Galegas 8M, que aglutina a decenas de colectivos feministas de toda a comunidade

A asemblea de colectivos feministas Galegas 8M, que aglutina a decenas de colectivos feministas de toda a comunidade, informou este venres de que Lugo foi a cidade elixida para a celebración da manifestación unitaria con motivo do Día da Muller e da Folga Feminista que terá lugar o vindeiro 3 de marzo. 

Lugo converterase así na "capital do feminismo galego" un ano despois do "éxito da convocatoria en Vigo. O lema desta convocatoria será "Por todas as mulleres, por todos os dereitos: revolta feminista", unha decidión tomada en dúas asambleas celebradas en Cambre e Allariz..

FOLGA DO 8M. O colectivo lembra que, ademais da manifestación do 3 de marzo, numerosas vilas galegas acollerán concentracións o 8 de marzo polo Día da Muller. 

Lugo acollerá o vindeiro 3 de marzo a manifestación feminista...
Comentarios