El tiempo
martes. 07.02.2023
El tiempo

Luis Emilio Batallán suspende a folga de fame por "recomendación facultativa"

Luis Emilio Batallán. CHRISTIAN FERNÁNDEZ
Luis Emilio Batallán. CHRISTIAN FERNÁNDEZ

O Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra mostra o seu apoio ao compositor

Luís Emilio Batallán, en folga de fame desde o pasado 27 de agosto, decidiu suspender esta medida de protesta o pasado venres "por recomendación facultativa do médico responsable do seu seguimento".

Así o comunicou o Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra, que comprende os motivos da protesta de Batallán e "o seu malestar para coa política errática de xubilacións do Sergas, con cambios de criterio na súa aplicación que deixan a compañeiros en situación de discriminación en función do tempo de cumprimento da idade de devandita xubilación".

Luís Emilio Batallán púxose en folga para "defender a dignidade dos profesionais sanitarios que están a traballar nunhas condicións lamentables", "conseguir que se acabe cos recortes na sanidade", protestar contra as xubilacións forzosas e dar "unha chamada de atención á Xunta e ao poder político de que isto non pode seguir así". 

O pasado venres, o cantautor tivo que ser ingresado para recibir asistencia sanitaria ante o temor a que se producise un dano renal irreversible.

Luis Emilio Batallán suspende a folga de fame por "recomendación...
Comentarios