jueves. 09.07.2020 |
El tiempo
jueves. 09.07.2020
El tiempo

En Marea insta a BNG e Anova a negociar unha candidatura unitaria "nacional e progresista"

Luís Villares. EP
Luís Villares. EP
Villares cre que Esqueda Unida e Podemos "só queren a Anova para dar unha verniz galeguista" á súa coalición para as autonómicas 

O portavoz de En Marea, Luís Villares, convidou ao BNG e a Anova a configurar unha candidatura unitaria "de carácter nacional e progresista" de cara ás eleccións autonómicas do próximo ano para así "sumar forzas" deixando ao carón "as siglas". 

En declaracións aos medios este luns no Parlamento galego, o tamén portavoz do grupo mixto mostrouse "soprendido" por que Anova aposte por retomar as súas alianzas con Podemos e Esquerda Unida para as eleccións galegas, pois considera que os nacionalistas foron "un dos principais damnificados" do "fracaso" da unidade popular. 

E é que, segundo o maxistrado en excedencia, Podemos e Esquerda Unida "tiveron que decidir entre os intereses de Galicia e os seus", e optaron por isto último, o que supuxo a "decepción" coa chamada unidade popular. 

Deste xeito, cre que Podemos e EU buscan sumar a Anova para dar "unha verniz galeguista" á súa alianza para as autonómicas, polo que convidan á formación que encabeza Antón Sánchez a refugar este camiño e apostar por un proxecto "de carácter nacional e progresista" con En Marea e BNG. 

"A fórmula é o de menos. O importante é a vontade de sumar forzas", indicou Villares, que teorizou con que o mapa político galego é diferente ao de fai catro anos. "Temos que aprender desa experiencia", engadiu en referencia á alianza con forzas de carácter estatal. 

Neste sentido, recoñeceu que En Marea está disposta a descartar as súas siglas e convida o resto de actores políticos aos que interpela a realizar o mesmo. 

"Todos temos que sumar, sexa cal for a denominación para que todo o mundo se sinta cómodo. Non faremos batalla diso", manifestou. 

En Marea insta a BNG e Anova a negociar unha candidatura unitaria...
Comentarios