Morre o condutor dun turismo ao saírse da estrada en Muxía

Un coche de la Guardia Civil. AEP

Por outra banda, en Ponteceso un camioneiro foi liberado tras envorcar co seu vehículo
 

O condutor dun turismo morreu na mañá deste luns logo de sufrir, posiblemente, unha indisposición e saírse da vía co seu vehículo na localidade coruñesa de Muxía, informa Urxencias 112.

O accidente ocorreu pasadas as once horas na DP-2303, onde acudiu un equipo médico a bordo do helicóptero con base na cidade sen que puidesen facer nada por salvar a vida do condutor, que entrara en parada cardiorrespiratoria.

Ademais, o 112 alertou á Garda Civil de Tráfico, Policía Local e voluntarios de Protección Civil da localidade. 

PONTECESO. O condutor dun camión de obras resultou ferido é luns na localidade coruñesa de Ponteceso despois de que o vehículo no que circulaba envorcase, polo que tivo que ser excarcerado e evacuado en helicóptero ao Centro Hospitalario Universitario da Coruña, informa Urxencias.

O accidente ocorreu pouco logo das 10:00 horas na estrada que une Carballo e Ponteceso, ao seu paso pola parroquia de Tella.

A circulación pola zona foi temporalmente interrompida debido a que o camión sinistrado ocupaba os carriis da estrada e ademais perdeu combustible, polo que foi necesaria a intervención do persoal de limpeza e mantemento de vías.