viernes. 14.08.2020 |
El tiempo
viernes. 14.08.2020
El tiempo

Morre un motorista tras chocar cun turismo en Cangas

Punto onde se rexistrou o accidente mortal en Cangas. CEDIDA
Punto onde se rexistrou o accidente mortal en Cangas. CEDIDA

O condutor dunha motocicleta faleceu este xoves nun accidente rexistrado ao chocar cun turismo no termo municipal de Cangas. 

Segundo informou fontes da Garda Civil, este sinistro tivo lugar no quilómetro 9,500 da estrada PO-315, que une Bueu e Cangas, sentido o primeiro municipio. 

En concreto, consistiu na colisión da motocicleta e un turismo que "se incorporaba á vía onde circulaba a motocicleta con prioridade", apuntaron as mesmas fontes, que engadiron que a moto "circulaba de maneira illada". 

Por parte do 112 Galicia sinalaron a Europa Press que, tras recibir o aviso uns minutos pasadas as 14,15 horas deste xoves, informou ao 061, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil. 

Ao lugar do sinistro o 061 enviou un helicóptero medicalizado para atender ao único ocupante da motocicleta, un home que faleceu, e ao condutor do turismo, un home, que resultou ferido leve. 

Morre un motorista tras chocar cun turismo en Cangas