lunes. 13.07.2020 |
El tiempo
lunes. 13.07.2020
El tiempo

Morre unha muller debido a un incendio rexistrado na súa vivenda en Arteixo

Vivienda de Arteixo en la que se produjo el incendio. CRTVG
Vivienda de Arteixo en la que se produjo el incendio. CRTVG
A estrutura da vivenda non resultou afectada a pesar da acumulación da carga térmica existente e que a encheu de fume

Unha muller de mediana idade faleceu na madrugada deste martes no municipio coruñés de Arteixo, posiblemente por inhalación de fume, por mor dun incendio producido na súa vivenda, situada na Avenida Manuel Platas Varela, en Oseiro. Así o informou o 112 Galicia, que concretou que a estrutura da vivenda non resultou afectada a pesar da acumulación da carga térmica existente e que a encheu de fume.

No entanto, ardeu diverso material que a vítima, que sofría síndrome de Dióxenes, almacenaba no seu interior, segundo sinalaron os bombeiros mobilizados ao 112 Galicia cando procederon coas tarefas de ventilación, unha vez extinguidas as chamas do incendio.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do lume sobre as 4,20 horas deste martes a través da chamada dun particular que asegurou que vía saír fume da cuarta planta dun edificio. No seu relato o alertante indicou que nesa planta había dous pisos, un deles habitado. Con estes datos, o 112 puxo en marcha un operativo formado polos Bombeiros de Arteixo, 061, Garda Civil, Policía Local e efectivos de Protección Civil da localidade.

Tras chegar ao punto, os bombeiros confirmaron a existencia da persoa falecida nun ático, "baixo a gran cantidade do material que a vítima almacenaba", destacou o 112. Así mesmo, sinalaron a necesidade de baleirar o inmoble para lograr a total extinción do lume e poder ventilar para evitar que se reavivase.

O 061, indicaron a Europa Press fontes sanitarias, enviou ao lugar unha ambulancia asistencial e o equipo sanitario do Punto de Atención Primaria (PAC) de Arteixo, que confirmou o falecemento da muller J.M.B., de 59 anos de idade.

Morre unha muller debido a un incendio rexistrado na súa vivenda en...