A nova normativa anti-Covid de Galicia, ao detalle

Entrará en vigor o luns ás 00.00 horas tras ser publicada este sábado no DOG
Personas paseando con mascarilla por las calles de Compostela. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Persoas paseando con máscara polas rúas de Compostela. PEPE FERRÍN (AGN)

A Xunta de Galicia publicou este sábado o DOG -pode consultalo integramente aquí- no que detalla as novas medidas de seguridade contra o coronavirus.

Éstas entrarán en vigor a partir do luns ás 00.00 horas.

Fumar en espazos públicos

A anunciada norma sobre a prohibición de fumar en espazos públicos e terrazas se non hai dous metros de seguridade, amplíase tamén para calquera dispositivo de inhalación como pipas ou cachimbas.

Reunións privadas

Recoméndase o uso de máscara en reunións nas que conflúan persoas de diferentes vivendas. Ademais das xa habituais medidas de hixiene e distancia.

Aforamento

A ocupación máxima por mesa será de dez persoas. Terá que respectar a distancia de seguridade interpersoal.

Horario da hostalería

Os establecementos de hostalería e restauración deberán pechar non máis tarde da 01.00 horas da madrugada, ao que engaden que non poderá permitirse o acceso de ningún cliente desde as 00.00 horas.

Discotecas

As discotecas e o resto de establecementos de lecer nocturno deberán permanecer pechados.

Centros sociosanitarios

"A consellería competente en materia de política social, de maneira coordinada coa consellería competente en materia de sanidade, determinará as medidas específicas que deberán adoptarse nos centros sociosanitarios respecto da realización de probas PCR, réxime de visitas e de saídas, tendo en conta o indicado ao respecto na declaración de actuacións coordinadas en saúde pública para responder á situación de especial risco derivada do incremento de casos positivos por Covid-19 do 14 de agosto de 2020".

Recomendacións xerais

 A norma pide á cidadanía que restrinxan os encontros fose do grupo de convivencia estable e que os encontros sociais sexan de dez persoas.